Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 62/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A. (na actualidade por absorción, Unión Fenosa Distribución, S.A.).

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT e RBT A Pereira, Vilar de Arriba.

Situación: concello de Santa Comba.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,02 km, con orixe no apoio nº 130-b44 da LMT aérea TA2-809 (expediente 34.855), con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×150 Al), e final no CT proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,368 km, coa orixe en apoio existente, condutor tipo RZ.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,256 km, con orixe no CT proxectado, condutor tipo XZ1.

En virtude da Resolución do 7 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse o cambio de titularidade e a subrogación dos dereitos e obrigas asumidos en virtude das autorizacións administrativas outorgadas, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a nome de Electra del Jallas, S.A.U. a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A.

A dita autorización supeditouse a que Unión Fenosa Distribución, S.A. acreditase nun prazo de seis meses a transmisión da dita titularidade e a comunicase nun prazo dun mes desde que se fixese efectiva.

O 18 de xaneiro de 2013, Unión Fenosa Distribución, S.A. comunicou á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a devandita transmisión, quedando constancia de que o 4 de decembro de 2012 se elevou a pública a escritura de fusión da sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A. e Electra del Jallas, S.A.U. outorgada ante o notario de Madrid Fernando de la Cámara García, baixo o número 2.571 do seu protocolo e foi inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid o 31 de decembro de 2012, tomo 30183, libro 0, folio 105, sección 8, folla M503809, inscrición ou anotación 28.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña