Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Teo (expediente IN407A 74/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Eio dos Menecos.

Situación: concello de Teo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,655 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, con orixe no apoio tipo HV 15/630 que se intercalará na LMTA existente entre derivada a CT Ribas (expediente 51.284) e derivada a CT Agoso, 15 (expediente IN407A 2003/126) e final no CT Eio dos Menecos proxectado.

Centro de transformación (CT) prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,045 km, con condutor tipo XZ1 0.6/1 kV 4×240 Al e XZ1 0,6/1 kV 2×50 Al, con orixe no CT Eio dos Menecos proxectado e no apoio nº 25.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,190 km, con condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3×95 Al e RZ 0,6/1 kV 3×25 Al, sobre apoios de formigón, con orixe na rede de baixa tensión subterránea proxectada e final na rede aérea existente, no concello de Teo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña