Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8459

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5541/2012 CG).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5541/2012, seguido por instancia de María José García Fouz contra as empresas Galp Energía España, S.A.U. e Bravio Gest I, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou con data do 26.2.2013 sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, aceptando en parte o recurso de suplicación formulado por Mª José García Fouz e rexeitando o recurso interposto pola representación da codemandada Galp Energía España, S.A.U. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña do 9 de xullo de 2012, e con revogación parcial da dita resolución, acollemos a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, condenamos a demandada Galp Energía España, S.A.U. a que, calquera que sexa a súa opción (indemnización ou readmisión), lle aboe á demandante os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da resolución de instancia, ou ata que encontre outro emprego se tal colocación for anterior á dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Bravio Gest I, S.L., actualmente en paradoiro ignorado, con último domicilio coñecido na estr. N-651, Campolongo-Pontedeume (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial