Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8458

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3426/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3426/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Social da Mariña contra as empresas Servizo Público de Emprego Estatal, Jorge Manuel Castro Blanco e Malena, C.B., sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, rexeitando o recurso de suplicación interposto polo ISM contra a Sentenza do 3 de maio de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo en autos seguidos por instancia da recorrente contra o Inem, Jorge Manuel Castro Blanco e Malena, C.B., a sala confirma esta integramente.

Advírtese a parte en paradoiro ignorado que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Malena, C.B., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial