Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8461

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (474/2012).

Rebeca Delgado Marzán, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, mediante este edicto, anuncio:

Neste procedemento de xuízo verbal 474/2012, seguido por instancia de Ricardo Santamarina Sanjurjo, María Iladiz Lobeiras Díaz, Juan Manuel Domínguez Bollo e María del Carmen Lamas Vázquez, fronte a Milagros Sanmartín, S.S., ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Ferrol o catorce de febreiro de dous mil trece.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os autos de xuízo verbal nº 474/2012, sobre procedemento especial sumario de demolición ou derrubamento de árbore que ameaza causar danos, por instancia de Ricardo Santamarina Sanjurjo, María Iladiz Lobeiras Díaz, Juan Manuel Domínguez Bollo e María del Carmen Lamas Vázquez, representados polo procurador Sr. Rodríguez Ramos e asistidos pola letrada Sra. Santamarina Lobeiras, contra os sucesores de Milagros Sanmartín (Milagros Sanmartín, S.S.), en rebeldía.

Resolvo que, aceptando parcialmente a demanda formulada por Ricardo Santamarina Sanjurjo, María Iladiz Lobeiras Díaz, Juan Manuel Domínguez Bollo e María del Carmen Lamas Vázquez, representados polo procurador Sr. Rodríguez Ramos, contra os sucesores de Milagros Sanmartín (Milagros Sanmartín, S.S.), en rebeldía, debo condenar e condeno a expresada parte demandada a que corte as árbores existentes no predio de que é propietaria, nos cales haxa esgazaduras de importancia nalgúns dos seus pés. Iso sen expresa condena en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndoselles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación no termo dos vinte días seguintes ao da súa notificación. Para o cal deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, estando a dita demandada, Milagros Sanmartín, S.S., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 15 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial