Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8320

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (671/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 18.2.2013, no proceso seguido por instancia de Fatiha Milhani contra Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrouse co nº 671/2012 e acordouse notificar a Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., o ditame da sentenza seguinte:

«Ditame.

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Fatiha Miltani, que comparece asistido do Letrado Sr. Pousa Merens, contra a empresa Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., segundo o disposto no número anterior, son:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela, 69,39 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 20,81 euros/día.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Hostelería Coruñesa Agoi 3, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial