Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (571/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 571/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Francisco Viturro del Río contra a empresa Cometa Barbanza, S.L., o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) e Multiser Somar, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que acepto parcialmente a demanda interposta por Francisco Viturro del Río fronte a Cometa Barbanza, S.L. e, en consecuencia, condeno a dita demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade seguinte: 3.205,80 euros máis o xuro legal do artigo 576 da Lei de axuizamento civil, e absolvo a Multiser Somar, S.L., con responsabilidade do Fogasa nos supostos e dentro dos límites legais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás entidades Cometa Barbanza, S.L. e Multiser Somar, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial