Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8166

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1109/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1109/2012 en xeral deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María del Carmen Esteban Barco contra a empresa Restages Galicia 2007, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Sentenza.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1109/2012, en que foi demandante María del Carmen Esteban Barco, representada pola letrada Sra. Pérez López, e demandada a empresa Restages Galicia 2007, S.L. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por María del Carmen Esteban Barco contra a empresa Restages Galicia 2007, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato laboral da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 7.362,66 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 44,89 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento á traballadora da cantidade de 8.080,20 euros, en concepto de indemnización, así como de 743,51 euros en concepto de vacacións non desfrutadas de 2012.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado, no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Restages Galicia 2007, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 22 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial