Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (869/2008).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento nº 869/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Marcelino Ferreño Suárez contra as empresas INSS-TXSS, MC Mutual, Red Esyl, S.L. e Fuertemillenium, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva é:

«Que, aceptando a demanda interposta por César Marcelino Ferreño Suárez contra, como demandados, Redesyl, S.L., Fuertemillenium, S.L., o Instituto Nacional e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e MC Mutual, declaro o dereito do demandante a que a base reguladora da prestación por incapacidade permanente total ascenda a 2.996,10 euros desde a data orixinaria de efecto, e declaro responsables da diferenza de pensión resultante as mercantís citadas, ás cales condeno a que constitúan o capital custo de renda necesario para facela efectiva e condeno a mutua indicada a que anticipe a pensión, con responsabilidade legal subsidiaria do INSS/TXSS como fondo de garantía.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que deben anunciar previamente ante este xulgado do social, no termo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fuertemillenium, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de localización.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial