Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-271/12 e outro.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución dos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Novagalicia Banco Recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Novagalicia Banco, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberán empregar os impresos normalizados que lles serán facilitados na oficina desta Xefatura Territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º, Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 1 de marzo de 2013

Luis Menor Pérez
Xefe territorial accidental de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-271/12.

NIF: 45145265Z.

Denunciada: Ramona Emilia Canario Martínez.

Enderezo: rúa Perfectino Vieitez, nº 12, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: A Taberniña Latina.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 300 €.

Número de expediente: OU-E-304/12.

CIF: J-32425258.

Denunciada: Malame, S.C.

Enderezo: rúa Páxaro, nº 1, Ourense.

Establecemento: Malame.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 120 €.