Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de febreiro de 2013 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 17 de setembro de 2012, ditada no expediente IU1/49/2011-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio dos destinatarios.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou no 20 de febreiro do 2013 a resolución pola cal se inadmite, por extemporáneo, o recurso potestativo de reposición interposto por José Goberto Pires Martins e Clementina Cándida Augusto, contra a resolución do 17 de setembro do 2012, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de construción dunha nave no lugar do Carballo, parroquia do Carnoedo, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos citados interesados, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos citados interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesados que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística