Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de febreiro de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/64/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a Arturo Fernando Morgade e á Asociación de Veciños Parroquia de Rairo para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/64/2012, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de planta baixa que se levan a cabo no lugar camiño Arrodeo, 10, parroquia de Rairo, no termo municipal de Ourense, provincia de Ourense.

O expediente relacionado encóntrase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística