Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de febreiro de 2013 pola que se notifica o emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/129/2012 por ignorarse o lugar da súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento aos herdeiros de García SS para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/129/2012, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, que se levan a cabo no lugar da Vacariza, parroquia de Trasancos, no termo municipal de Narón, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística