Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-02 Alto do Vento I.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 20 de setembro de 2012, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-02 Alto do Vento I.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que durante o prazo dun mes se poida examinar o expediente e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Ames, 1 de marzo de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde