Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8051

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de automóbiles en Vilarrodís (expediente 02/2010 AIA).

Na Sección de Licenzas da Área de Urbanismo do Concello de Arteixo estase a tramitar o expediente 02/2010 AIA de concesión de licenza de apertura.

Actividade: taller de reparación de automóbiles, mecánica, chapa, electricidade e pintura.

Situación: avda. Alcalde Manuel Platas Varela, nº 185-B, Vilarrodís, Arteixo.

Solicitante: Talleres Arte Móvil, S.L.

E en cumprimento do determinado no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.

Arteixo, 7 de febreiro de 2013

P.D. (Decreto 989/2011, do 21 de xuño)
Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo