Neste concello tramítase expediente por instancia de Natividad García España, en representación de T. García España, S.L., para licenza de actividade de carpintaría metálica, que se situará na parcela 3 do polígono industrial de Espiñeira, 2ª fase, parroquia de Boiro, actividade sometida ao Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, exponse ao público polo prazo de vinte (20) días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.
O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.
Boiro, 15 de febreiro de 2013
Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde