Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2013, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se acorda facer público no Diario Oficial de Galicia o anuncio indicativo do contrato de servizo para a redacción do plan director do Hospital da Costa de Burela (Lugo).

A Dirección de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron conferidas no Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 109, do 28 de maio), anuncia o acordo de inicio do seguinte expediente de contratación:

1. Órgano de contratación:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección de Recursos Económicos.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 881 54 18 38.

d) Fax: 881 54 27 62.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: contrato de servizo para a redacción do plan director do Hospital da Costa de Burela na provincia de Lugo.

b) Custo estimado, IVE excluído: 118.506,37 € (143.392,71 €, IVE incluído).

c) Clasificación CPV: 71240000.

3. Relación con algún proxecto ou programa financiado mediante fondos da UE: non.

4. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6.3.2013.

Acorda facer público o anuncio indicativo no DOUE e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), segundo o artigo 141 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Ponse á disposición dos interesados a seguinte documentación:

– O acordo de inicio de expediente de contratación.

– O programa funcional aprobado polo Servizo Galego de Saúde.

– A composición da mesa de contratación correspondente a este contrato

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos