Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7990

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (807/2006).

Acordado na peza de apelación civil nº 36/2012, dimanante dos autos de procedemento ordinario 807/2006, do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, ditouse sentenza co nº 389/2012, cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza 389/2012.

Presidente: Antonio Juan Gutiérrez R. Moldes.

Maxistrados: Jaime Esaín Manresa e Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra o 3 de outubro de 2012

Vistos en grao de apelación ante a Sección 3ª da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 807/2006, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Pontevedra, aos cales lles correspondeu a peza recurso de apelación-R (LACN) 36/2012, nos cales aparece como parte apelante María Luisa González Cabo, representada polo procurador dos tribunais Senén Soto Santiago, asistido polo letrado Andrés Méndez González; Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e Comarca, representada polo procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández, asistido polo letrado José Javier Valdés Peña, e como parte apelada herdeiros de Amparo Cabo Pérez, María Lucila Cabo Pérez, sendo maxistrado relator Antonio J. Gutiérrez R. Moldes.

Resolvo:

Desestimamos os recursos de apelación interpostos polas respectivas representacións da Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e Comarca e María Luisa González Cabo, e confirmamos a sentenza apelada, con imposición a cada parte apelante das custas causadas polos seus respectivos recursos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta sentenza non é firme e contra ela poderán as partes lexitimadas optar por interpor o recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, no prazo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme dispoñen os artigos 466 e seguintes e a disposición derradeira 16ª da LAC/00.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Unha vez que sexa firme, expídase testemuño que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia para os efectos oportunos.

Notifíqueselle/s, así mesmo, esta resolución ao/aos apelado/s rebelde/s, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación a herdanza xacente de Amparo Cabo Pérez, expídese e asínase este edicto.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2013

O secretario xudicial