Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7992

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (60/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ferrol, vinte e seis de outubro de dous mil once.

Vistos por min, Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os autos do xuízo ordinario nº 60/2011, sobre reclamación de cantidade, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra (Novacaixagalicia), representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos e asistida pola letrada Sra. Robles Ferreras, contra Luis Carlos González Martínez Atienza, en rebeldía.

Resolvo que, aceptando a demanda formulada pola entidade mercantil Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra, representada polo procurador Sr. Ontañón Castro, contra Roberto Vidal Prieto, en rebeldía, debo condenar e condeno o expresado demandado a que lle aboe á demandante a suma de sete mil oitocentos trinta e catro euros con vinte céntimos (7.834,20), así como ao pagamento dos xuros da dita cantidade, desde a interpretación xudicial (18.1.2011) ata o momento do completo pagamento da suma reclamada (principal e xuros líquidos), calculados ao tipo de xuro de demora pactado (12 % de tipo de xuro nominal anual con recarga de demora do 6 %). Con expresa condena do demandado ao pagamento das custas procesuais causadas.

Auto.

Ferrol, dezaoito de novembro de dous mil once.

Parte dispositiva.

Que se acorda admitir a solicitude de emenda efectuada pola parte demandante, representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos, mediante escrito con data de entrada neste xulgado do 18.11.2011, e se realiza a seguinte rectificación da sentenza ditada nos presentes autos:

– Na resolución, onde di: «representada polo procurador Sr. Ontañón Castro», debe dicir: «representada polo procurador Sr. Rodríguez Ramos»; e onde di: «Roberto Vidal Prieto, en rebeldía,» debe dicir: «Luis Carlos González Martínez Atienza, en rebeldía».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Luis Carlos González Martínez Atienza, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 20 de febreiro de 2013

Rebeca Delgado Marzán
Secretaria xudicial