Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (298/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 298/2011 por instancia de Mónica Corral Chao contra a empresa Alferluma, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 8.2.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido que se estímase parcialmente a demanda interposta por Mónica Corral Chao fronte a Alferluma, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Alferluma, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de catro mil novecentos noventa e un euros (4.991 euros).

– Absólvese o Fogasa das pretensións fronte a el exercidas.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Alferluma, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013

O secretario xudicial