Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (254/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 254/2011 por instancia de Alfonso Gómez Cancelo, Ignacio Enrique López Vilariño, Fernando Sánchez Sanmartín, Manuel López Vilariño, Miguel Ángel Argerey Vizcaíno e Rubén López Blanco contra a empresa Aplistone, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 6 de febreiro de 2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo que se acepta a demanda interposta por Alfonso Gómez Cancelo, Ignacio Enrique López Vilariño, Fernando Sánchez Sanmartín, Manuel López Vilariño, Miguel Ángel Argerey Vizcaíno e Rubén López Blanco fronte a Aplistone, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Aplistone, S.L. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Alfonso Gómez Cancelo, a cantidade de 9.427,36 euros.

• A Ignacio Enrique López Vilariño, a cantidade de 9.553,50 euros.

• A Fernando Sánchez Sanmartín, a cantidade de 11.488,55 euros.

• A Manuel López Vilariño, a cantidade de 9.634,09 euros.

• A Miguel Ángel Argerey Vizcaíno, a cantidade de 9.970,86 euros.

• A Rubén López Blanco, a cantidade de 8.673,43 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Aplistone, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial