Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7379

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (222/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 222/2011 por instancia de José Antonio Varela Fonte contra a empresa Servicur, Serv. Aux., S.L. Coruña, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 5.2.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Admítese parcialmente a demanda interposta por José Antonio Varela Fonte fronte a Servicur, Serv. Aux., S.L. Coruña e UTE Langosteira (desistida) e, en consecuencia, condénase a Servicur, Serv. Aux., S.L. Coruña a aboar ao demandante a cantidade de douscentos trinta e seis euros con sesenta e cinco céntimos de euro (236,65 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Servicur, Serv. Aux., S.L. Coruña expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

O secretario xudicial