Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (200/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 200/2011 por instancia de Guillermo Souto Rega contra a empresa Demoliciones Expósito, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 4 de febreiro de 2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Estímase a demanda interposta por Guillermo Souto Rega fronte a Demoliciones Expósito, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Demoliciones Expósito, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de cinco mil seiscentos setenta e catro euros con corenta e oito céntimos de euro (5.674,48 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Demoliciones Expósito, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

O secretario xudicial