Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7377

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (216/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 216/2011 por instancia de Antonio Ledo Casal contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 4 de febreiro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda interposta por Antonio Ledo Casal fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condénase a Esabe Vigilancia, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de mil setecentos cincuenta e cinco euros con dezaseis céntimos de euro (1.755,16 euros).

Notifíquese a resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

O secretario xudicial