Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7375

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (877/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 877/2012 por instancia de Óscar Martínez López contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 11.12.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Óscar Martínez López fronte a Buzoneos Galicia, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Buzoneos Galicia, S.L. ao demandante Óscar Martínez López.

– Condénase a Buzoneos Galicia, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 2.339,95 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 6.369,51 euros, aos cales se deberán engadir os que se perciban ata a súa notificación, a razón de 43,33 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Buzoneos Galicia, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

O secretario xudicial