Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1153/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1153/2011 por instancia de Luis Calvete Álvarez, Cristina Gestan Pan e Miguel Ángel Babío Rivada contra a empresa Firm Counter, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 15.11.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo que se acepta a demanda interposta por Luis Calvete Álvarez, Cristina Gestal Pan e Miguel Ángel Babío Rivada fronte a Firm Counter, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Firm Counter, S.L. a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Luis Calvete Álvarez, 12.059,54 euros.

• A Cristina Gestal Pan, 10.040,24 euros.

• A Miguel Ángel Babío Rivada, 15.828,22 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Firm Counter, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial