Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (497/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 497/2010 por instancia da empresa Isidro de la Cal Fresco, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cristóbal Hugo Ramos Sánchez e a empresa Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., sobre recarga de prestacións, nos cales se ditou sentenza o 14.9.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda formulada por Isidro de la Cal Fresco, S.L., fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cristóbal Hugo Ramos Sánchez e Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., confirmando a resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., expido e asino a presente.

A Coruña, 7 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial