Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7371

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (178/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 178/2011 por instancia de Álvaro Allande Besteiro contra a empresa Tecmegal Fabricación y Montaje, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 25.1.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Álvaro Allande Besteiro fronte a Tecmegal Fabricación y Montaje, S.L. e, en consecuencia, condénase a Tecmegal Fabricación y Montaje, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil seiscentos vinte e oito euros con catro céntimos de euro (1.628,04 euros).

Notifíquese a resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tecmegal Fabricación y Montaje, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

O secretario xudicial