Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Martes, 12 de marzo de 2013 Páx. 7369

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5528/2012).

M. Socorro Bazzarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5528/2012-GA desta sección, seguido por instancia da Compañía de Protección e Vixilancia Galaica, S.A. contra a empresa Itinere 2, S.L., e Jaime Soto Vilar sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que, considerando en parte o recurso de suplicación interposto por Compañía de Protección e Vixilancia Galaica, S.A., contra a sentenza, de data do 26 de decembro de 2011, ditada no Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos seguidos por instancia de Jaime Soto Vilar contra a recorrente, Itinere 2, S.L. e mantemento e Control Galaica, S.L., a sala revógaa en parte e fixa a indemnización por despedimento na cantidade de 6.656,82 euros, mantendo o resto da decisión. Devólvase á recorrente o depósito e a diferenza na consignación.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que, contra esta sentenza, cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». De efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Mantenimiento y Control Galaica S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial