Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (974/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 974/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandra Ces Casais contra a empresa Manuel Lamas Cerdeira, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda formulada por Alejandra Ces Casais contra a empresa Manuel Lamas Cerdeira condeno esta a aboarlle a cantidade de 463,58 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Manuel Lamas Cerdeira, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de febreiro de 2013

O secretario xudicial