Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (982/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario substituto do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que, por resolución ditada o día 18.2.2013 no proceso seguido por instancia de Alberto Pose Parente e Javier Rodríguez Fajín contra Industrias Metalúrgicas Manuel Suárez Lamas e Hijos, S.L., en reclamación por mod. subst. cond. traballo, rexistrouse co número 982/2010 e acordouse notificar a Industrias Metalúrgicas Manuel Suárez Lamas e Hijos, S.L. a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Acordo:

– Ter por desistidos a Alberto Pose Parente e Javier Rodríguez Fajín da súa demanda fronte a Industrias Metalúrgicas Manuel Suárez Lamas e Hijos, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Industrias Metalúrgicas Manuel Suárez Lamas e Hijos, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial