Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7220

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (85/2012).

Eva María Carbajo Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas, mediante este anuncio:

No presente procedemento ordinario 85/2012, seguido por instancia de Construcciones y Reformas Riagar, S.L. fronte a Carlos Antonio Fraga Álvarez, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 149/2012.

Cangas, 1 de outubro de 2012.

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento ordinario número 85/2012, onde foi parte demandante Construcciones y Reformas Riagar, S.L., baixo a representación procesual do procurador Sr. Soto Santiago e coa asistencia da letrada Sra. Diéguez González, e parte demandada Carlos Antonio Fraga Álvarez, en situación de rebeldía procesual, versando os presentes autos sobre acción de resolución contractual con aplicación de cláusula penal.

Decido que estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual da entidade mercantil Construcciones y Reformas Riagar, S.L. contra o demandado Carlos Antonio Fraga Álvarez e, en consecuencia, declárase a resolución do contrato de compravenda subscrito o 7 de marzo de 2007 entre as partes e condénase o demandante Carlos Antonio Fraga Álvarez a pasar pola devandita declaración de resolución, a executar a cláusula penal establecida na estipulación quinta do contrato de compravenda, e o demandado deberá efectuar o pagamento da cantidade de 60.000 euros á entidade demandante, máis os xuros legais correspondentes, se é o caso.

E todo iso con expresa imposición das custas causadas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009».

E encontrándose o devandito demandado, Carlos Antonio Fraga Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cangas, 3 de decembro de 2012

A secretaria xudicial