Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012379AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 23 de xaneiro de 2013, a Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012379AL-CO incoado a O Forno da Carreira, S.C.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a O Forno da Carreira, S.C. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia del segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012379AL-CO.

Interesada: O Forno da Carreira, S.C.

DNI/NIF/CIF: J15994049.

Derradeiro enderezo coñecido: A Carreira, O Sequeiro, 67 B, 15552 Valdoviño.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: artigo 6.1, artigo 50.1.b), d), e), artigo 51.1. parágrafos 1, 3 e 4. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: artigo 4.3.d), artigo 5.1.a), b), c), d), e), f), g), 2.a), b), c) 3. Anexo II: capítulo I.1, 2.a), b), c), d), 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, capítulo II.1.a), b), c), d), e), f), 2. 3. Capítulo V, 1.a), b), c), d), 2, 3 capítulo VI.1, 2, 3, capítulo IX. 2, 3, 4, 5, Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria: artigo 14. 1, 2.a), b), 3.a), b), 4.a), b), c), 5, 6, 7, 8, 9, artigo 17.1, 2, 3, 4, artigo 18.1, 2, 3, 4, 5, artigo 19.1. Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios: artigo 5.1.a), b), c), d), e), f), g), h), j), k), l).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 5.000 €.