Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Luns, 11 de marzo de 2013 Páx. 7268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013001AL-PO incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 17 de xaneiro de 2013, a Xefatura Territorial de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2013001AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra contra Ramón González Freire, titular do establecemento Fitness Zone.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ramón González Freire o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, número 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2013001AL-PO.

Denunciado: Ramón González Freire, con NIF 34261921V, titular do establecemento Fitness Zone.

Último enderezo coñecido: rúa López Mora, 64, 36211 Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 2 punto 2.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

– Artigo 19, puntos 2 e 4, do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigo 3 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 51, punto 1, parágrafo 10 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).