De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, expediente número LU-20/2012, incoado ao titular do establecemento de café bar denominado Gala, sito na avenida de Sarria, nº 7, do concello de Foz (Lugo), xa que intentada a notificación polos medios habituais non puido practicarse.
Noméase instrutor do procedemento a Francisco López Castro e secretaria a Mercedes Campos Casares, funcionarios deste servizo de turismo, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
Segundo o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.
Conforme o establecido no artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado no Servizo de Turismo, sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.
O órgano competente para a resolución do procedemento é a xefa do Servizo de Turismo en Lugo, segundo o disposto no artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Expediente: LU-20/2012.
Denunciada: María Jesús García Trelles.
Establecemento: café bar Gala.
Enderezo: avenida de Sarria, nº 7. Localidade: Foz.
Feitos denunciados: carecer de follas de reclamacións e non expoñer a lista de prezos ao público.
Preceptos infrinxidos: artigo 35, letras g) e f), da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.
Tipificación da infracción: artigos 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011.
Cualificación: leve.
Sanción: 400,00 €.
Lugo, 18 de febreiro de 2013
Paloma Vázquez Fernández
Xefa do Servizo de Turismo de Lugo