Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 18 de febreiro de 2013, do Servizo de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 5 de setembro de 2012 ditada no expediente sancionador LU-10/2012, por infraccións leves en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao interesado que de seguido se relaciona a resolución da Xefatura de Servizo de Turismo de Lugo ditada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-10/2012, incoado ao titular do establecemento de café bar denominado Pasatiempos, situado na rúa Benigno Quiroga, nº 28, da Pobra de San Xiao, do concello de Láncara (Lugo), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a secretaria xeral de Turismo no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, debendo aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que serán facilitados nas dependencias deste servizo. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Expediente: LU-10/2012.

Denunciado: Marcos Chousa Rivas.

Establecemento: café bar Pasatiempos.

Enderezo: rúa Benigno Quiroga, nº 28.

Localidade: A Pobra de San Xiao (Láncara).

Feitos denunciados: non dispoñer materialmente dos documentos exixidos pola normativa turística e incumprir o deber de exhibir os distintivos, os carteis e a lista de prezos.

Preceptos infrinxidos: artigo 35, alíneas i) e f), da Lei 7/2011.

Tipificación das infraccións: artigos 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011.

Resolución: 5 de setembro de 2012.

Sanción: catrocentos euros (400,00 €).

Lugo, 18 de febreiro de 2013

Paloma Vázquez Fernández
Xefa do Servizo de Turismo de Lugo