Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da subministración por prezo unitario de roupas de uniformidade para os/as condutores/as do Parque Móbil da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 95 78 92; información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 54 45 48.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correos electrónicos:

maria.blanco.aller@xunta.es

manuel.perez.gonzalez@xunta.es

santiago.gonzalez.serrano@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18488

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2013-SUSE 01-PL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración por prezo unitario de roupas de uniformidade para os/as condutores/as da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) Lugar de entrega: as entregas axustaranse ao establecido no punto 6 do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, axustándose ao indicado no punto 6 do prego de prescricións técnicas.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 18222100-2 e sete máis relacionadas no punto 5.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 11 da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 144.552,07 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 144.552,07 €.

IVE (21%): 30.355,93 €.

Importe total: 174.908,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído). No caso de baixas desproporcionadas, terá que constituírse unha garantía do 10 % do importe de licitación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, salvo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público, ás 12.00 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de finalización do prazo de presentación das proposicións. De coincidir sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza