Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-34/13 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega o acordo de iniciación recaído nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG 1.5.2009).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), contan cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderán exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. Habana, nº 79, 2º, de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 19 de febreiro de 2013

Luís Juan Ortiz Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-34/13.

CIF: B32404899.

Denunciada: Dobarro y Casas, S.L.

Enderezo: r/ Chamoso Lamas, nº 14, baixo, O Carballiño (Ourense).

Establecemento: Greasse, r/ Chamoso Lamas, nº 14, baixo, O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-37/13.

CIF: J32428534.

Denunciada: Berlín Ourense, S.C.

Enderezo: r/ Carrierico, nº 23, baixo, Ourense.

Establecemento: Sala Berlín, r/ Carrierico, nº 23, baixo, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-51/13.

CIF: 76716715P.

Denunciada: María Anuncia Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25, B, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25, B, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Número de expediente: OU-E-52/13.

CIF: 34608845D.

Denunciada: María Paz Gómez Gómez.

Enderezo: praza das Mercedes, nº 14, soto, Ourense.

Establecemento: Ocioourense, praza das Mercedes, nº 14, soto, Ourense

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.