Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Mércores, 6 de marzo de 2013 Páx. 6694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (216/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 216/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Aparicio Choren contra a empresa Grialibros, S.L., Aula Noroeste, S.L., Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Abraxas Aula 25, S.L., Grace Antonia Nouel Brache, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a aboarlle solidariamente á demandante 9.210,53 euros en concepto de salarios devindicados ata o 9 de xuño de 2012, cantidade que se deberá incrementar co xuro moratorio do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Non procede ter por ampliada a demanda no importe de 7.966,31 euros correspondentes á indemnización por despedimento, sen prexuízo do dereito da parte, de ser o caso, a formular a correspondente reclamación.

Tense a parte demandante por desistida da reclamación fronte a Sálvora Areito, S.A. e Comercial Ara, S.A.

Tense a parte demandante por desistida da acción de resolución contractual exercitada na demanda.

Desestímase a demanda fronte a Aula Noroeste, S.L. e Abraxas Aula 25, S.L.

Condeno o Fogasa e a administración concursal de Grialibros, S.L. a se ateren a esta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e, no caso das empresas condenadas, do importe obxecto de condena».

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Abraxas Aula 25, S.L., Sálvora Areito, Comercial Ara e Grace Antonia Nouel Brache, en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e fáiselles saber aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial