Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6171

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO (516/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución que literalmente di:

«Sentenza.

O Porriño, 5 de outubro de 2012.

Vistos por Olalla Díaz Sánchez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 3 do Porriño, estes autos de xuízo ordinario 516/2011, seguidos por instancia de Iván José Gómez Rojo, representado pola procuradora Ángeles González Rodríguez e asistido polo letrado Francisco Redondo Trigo, contra Carpintería y Ebanistería Celta, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Iván José Gómez Rojo fronte a Carpintería y Ebanistería Celta, S.L., declaro resolto o contrato de arrendamento de obra subscrito entre as partes con data do 18 de marzo de 2011, e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a suma de 39.881,50 euros, co incremento do xuro legal do diñeiro que se computará desde o día 20 de maio de 2012.

Con expresa imposición de custas do procedemento á parte demandada.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá preparar neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo da acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto 1942 0000 04 0516 11. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso. A súa desestimación ou inadmisión suporá a perda do depósito.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

Auto de aclaración da sentenza.

O Porriño, 5 de novembro de 2012.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Neste procedemento ditouse sentenza, que lles foi notificada ás partes litigantes.

Segundo. Na referida resolución figuran os seguintes parágrafos:

Na resolución da sentenza.

Terceiro. A parte demandante solicitou a aclaración da sentenza mediante escrito do 11 de outubro de 2012.

Parte dispositiva.

Acordo:

Estimar a petición formulada pola parte demandante de aclarar a resolución da sentenza, onde di: «xuro legal do diñeiro que se computará desde o día 20 de maio de 2012», debe dicir: «20 de maio de 2011», ditada neste procedemento no sentido que se indica:

Acórdase aclarar a resolución da sentenza onde di: «xuro legal do diñeiro que se computará desde o día 20 de maio de 2012», debe dicir: «20 de maio de 2011».

Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda SSª. Dou fe.

A xuíza O/a secretario/a xudicial»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carpintería y Ebanistería Celta, S.L., expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

O Porriño, 21 de xaneiro de 2013

O/a secretario/a xudicial