Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (37/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 37/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Gayoso Fernández contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, se expediu a seguinte cédula de citación:

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1 de Lugo.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 37/2013.

Persoa a que se cita: Esabe Vigilancia, S.A., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/os acto/s de conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e, tamén se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 27.5.2013, ás 11.00 horas, na sede do Xulgado do Social número 1 de Lugo, sita en planta 4, sala 9, Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante o secretario xudicial e, en caso de non avinza, ás 11.00 horas do mesmo día, en planta 4, sala 9, Edificio Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais.

Primeira. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 LPL/LXS).

Segunda. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación–, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

Terceira. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (art. 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar ao interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.2 LPL/90.3 LXS).

Cuarta. Ao posuír a condición de persoa xurídica ponse no seu coñecemento que o interrogatorio das persoas xurídicas privadas se practicará con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Quinta. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (art. 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Sexta. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (art. 83 LPL/LXS 183 LAC).

Sétima. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

Lugo, 1 de febreiro de 2013

O secretario xudicial

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expídese o presente edicto.

Lugo, 11 de febreiro de 2013

O secretario xudicial