Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6170

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (220/2010).

Cristina García Lorenzo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, mediante este edicto, anuncio que neste órgano xudicial se tramita procedemento ordinario número 220/2010, no cal con data do 2 de xaneiro de 2013 se ditou sentenza fronte a Delmargora López Godoy, Carlos Daniel Ríos León e Marlin Ríos López, e que contra a dita resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da súa notificación, logo de consignación do depósito de 50 euros conforme o disposto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial. As actuacións atópanse na Secretaría deste xulgado, onde poderán ter coñecemento íntegro da resolución ditada.

Estando a parte demandada, Delmargora López Godoy, Carlos Daniel Ríos León e Marlin Ríos López, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expíde, asina e sela este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

A Estrada, 10 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial