Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Venres, 1 de marzo de 2013 Páx. 6169

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (580/2010).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva se fan constar literalmente:

«Sentenza: 46/2011.

Xuízo verbal nº 580/2010.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2011.

Sentenza:

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, estas actuacións de xuízo verbal tramitadas co número 580/2010, en que interviñeron, como demandante Telecor, S.A., Sociedade Unipersoal, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Goimil Martínez e asistida polo letrado Sr. Martínez-Olivares e, como demandado, Jesús Gato Varela, en situación de rebeldía, en virtude das seguintes consideracións, dispoño:

Estimar a demanda interposta por Telecor, S.A. e, en consecuencia, condénase a Jesús Gato Varela a lle aboar á demandante a suma de 368,15 euros, todo isto con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta resolución a todos os interesados e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, que se deberá anunciar no prazo de cinco días a partir da súa notificación, mediante escrito presentado neste xulgado, e posterior interposición para a súa resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jesús Gato Varela, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2011

O/A secretario/a