Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maceda

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle da zona do Reconco.

Aprobado inicialmente, con data do 6 de febreiro de 2013, o estudo de detalle da zona do Reconco, marxe sur da estrada Maceda-Allariz, tramitado por instancia de José Ramón Prol Vázquez e outros.

En cumprimento do Decreto da Alcaldía do 6 de febreiro de 2013, e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do dito estudo.

Maceda, 7 de febreiro de 2013

Francisco Xabier Oviedo Rodríguez
Alcalde