Solicitada desta presidencia por Alimentaciones del Norte Loferca, S.L. licenza municipal (expediente A-028/12) para levar a cabo a construción dunha estación de servizo, oficina e restaurante no lugar de Fontoira, parroquia de Padriñán, en cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.
O prazo de exposición pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (rúa Cesteiros, 14, baixo, Sanxenxo).
Sanxenxo, 5 de febreiro de 2013
Catalina González Bea
Presidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo