Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, por medio do cal se sinala a comparecencia aos descendentes do titular da vivenda que se relaciona no anexo (expediente PO 832, cta. 168).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecer os interesados no procedemento e o seu domicilio, emprázanse para que comparezan no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia nº 7, 4º planta. Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, onde se lles dará conta do acto que se lles intenta notificar.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que os posibles interesados comparezan na oficina indicada, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Expediente: PO 832, cta.168.

Nome do titular da vivenda: Eusebio Mata Bajo.

Domicilio da vivenda: rúa Maceiras nº 42, 1º D, Vigo.

Indicación do contido do acto: trámite de alegacións no procedemento de cambio de titularidade da vivenda.