Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 11 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento sancionador PO-84/2012 por infraccións en materia de comercio.

Con data do 9 de xaneiro de 2013, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do procedemento sancionador número PO-84/2012, incoado pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industrial de Pontevedra, contra a empresa Le Mule D’Aranda, S.L. con CIF B21331285.

Intentada a notificación da proposta, de conformidade co disposto no artigo 59.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, notifícaselle ao interesado o contido da proposta, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Advírteselle ao interesado que, en cumprimento do artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle un prazo de 15 días, desde o seguinte ao da publicación desta cédula, para formular as alegacións e presentar os documentos ou informacións que considere convenientes ante o instrutor do procedemento, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, na praza da Estrela, s/n, Vigo.

Vigo, 11 de febreiro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-84/2012.

Interesado: Le Mule D’Aranda, S.L. con CIF B21331285.

Enderezo: rúa Joaquín Costa, 2, 36001 Pontevedra.

Feitos imputados: unha infracción leve en materia de comercio.

Preceptos infrinxidos: artigos 10.7, 36.2 e 3 e 98.1 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (DOG nº 249, do 29 de decembro).

Sanción proposta: 500 euros.