Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Xoves, 28 de febreiro de 2013 Páx. 6314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Maris número 7134.

Por Resolución do 11 de novembro de 2011, pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa) do permiso de investigación Maris, de 102 cuadrículas mineiras, para a investigación de recursos mineiros da sección C), cuarzo e outros, nos termos municipais de Mesía e Frades, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspóndelle o número 7134 do Rexistro Mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

8º 18’ 00’’

43º 06’ 00’’

2

8º 15’ 20’’

43º 06’ 00’’

3

8º 15’ 20’’

43º 02’ 00’’

4

8º 19’ 00’’

43º 02’ 00’’

5

8º 19’ 00’’

43º 02’ 40’’

6

8º 18’ 00’’

43º 02’ 40’’

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña