Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO de información pública sobre apertura de establecemento de venda e reparación de vehículos automóbiles no polígono industrial deste concello.

Manuel Veiga Trigo, con DNI 33554004-V, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura de proxecto para actividade para establecemento de venda e reparación de vehículos automóbiles que se situará no polígono industrial, 1ª fase, parcelas 7A-8A, subparcela 3. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría desde concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Rábade, 4 de febreiro de 2013

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde