Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de convocatoria do proceso de funcionarización dunha praza de persoal laboral fixo deste concello.

No BOP número 25/2013, do 5 de febreiro, publicáronse as bases do proceso de funcionarización dunha praza de persoal laboral fixo deste concello coa categoría de auxiliar administrativo, incluída na oferta de emprego público do ano 2012.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

Vedra, 7 de febreiro de 2013

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde